IPAMARK
Patentes e Marcas

+34 981524152

En IPAMARK temos unha dilatada experiencia na valoración dos activos intanxibles, aplicando os nosos coñecementos coma Axencia da Propiedade Industrial e os métodos máis apropiados en cada caso.

 

Dende o ano 1992 levamos a cabo valoracións dunha grande variedade de carteira de marcas e patentes, seguindo distintos enfoques e metodoloxías. Estas valoracións sirven para diversos motivos, sendo aceptadas coma referencia polos interesados e terceiras persoas.

 

As valoracións de activos da propiedade industrial son solicitadas por motivos moi diversos, destacando:

 

  • Apoio á xestión  para coñecer o valor, axudar ó recoñecemento do resultado das inversións en accións comerciais, contribuir a identificar os direccionadores da demanda e á toma de decisións en procesos de expansión, así coma fixar as condicións en licenzas e franquías.
  • Os activos intanxibles adquiridos deben contabilizarse o seu valor razoable.
  • Litixios por competencia desleal, reclamacións de danos ou por usurpación de dereitos.
  • Propósitos financeiros, na captación de inversións, ou de aportación do intanxible coma garante para avalar financiación, etc.
  • Planificación fiscal, por diferentes tipos de organización da propiedade ou de imposición fiscal en distintos países.
  • Transacións de activos, fusións e adquisicións de empresas.

 

Se desexa máis información sobre calquera dos nosos servizos pode solicitarnosla directamente sen compromiso a través do e-mail, ou se prefire, o noso consultor en Propiedade Industrial máis próximo o seu domicilio o visitará sen ningún compromiso.